20/10/2011
08/09/2011
06/09/2011
27/08/2011
O Goberno de Gabriel Torrente perde unha subvención de 40.000 €.
Nesta ocasión trátase dunha achega da Consellería de Presidencia para o arranxo dos colectores soterrados. Así consta na acta da Xunta de Goberno do día 27 de xullo de 2011, na que se lle informa ao Alcalde do “rexeitamento da solicitude de subvención por importe de 40.000 €…por non responder ao requerimento de documentación”, concretamente refírese a ausencia dun inventario de Bens e Dereitos de titularidade municipal.
Desgraciadamente unha vez máis a nosa vila perde unha subvención a causa da ineficacia do Grupo de Goberno, pero neste caso é máis grave se temos en conta que na Sesión Plenaria de marzo de 2010 aprobábase por unanimidade unha moción presentada polo noso Grupo con o seguinte acordo:
“O Concello de Pontedeume porá en marcha as accións necesarias para a elaboración dun Inventario de Bens e Dereitos de titularidade municipal, dando así cumprimento ó mandato contido na vixente Lei de Patrimonio das Administracións Públicas”.
Pois ben, ano e medio máis tarde e como ocorre habitualmente con as mocións aprobadas en pleno, o Partido Popular non tivo a ben xestionar o contido da mesma, polo que agora perde os fondos para esta necesaria actuación demandada en numerosas ocasións tanto polos grupos da oposición coma por veciños e asociacións da nosa vila dada a pésima situación na que se atopan as “illas ecolóxicas”.
Dende o Grupo Municipal Socialista consideramos que este é un novo exemplo da ineficacia do Goberno de Gabriel Torrente e preguntámonos se é esta a “capacidade de xestión” que xustifica o desproporcionado incremento salarial dos seus membros.

Etiquetas:
Nota de prensa,
Pontedeume,
PSdeG-PSOE Pontedeume,
XSG Pontedeume
04/08/2011
Caride acusa a Feijoo de manipular, maquillar e ocultar as listas do paro en Galicia
A Viceportavoz do Grupo Parlamentario Socialista Maria Jose Caride denunciou en rolda de prensa que o Goberno de Feijoo esta manipulando e oculta 42.000 desde febreiro. Afirma que a clave S-698 serve para “maquillar os datos do emprego en Galicia co único fin de mellorar os seus resultados, a través desta clave propia, xa que lle permite suspender a desempregados en proceso de orientación laboral”.
As primeiras verbas da deputada socialista foron para “Xornal de Galicia”, que hoxe sae por última vez á rúa “quero enviar unha mensaxe de animo e apoio a tódolos traballadores deste xornal”, e lamentou que Galicia perda un medio de comunicación escrito “o que conleva unha perda de pluralidade na información”, dixo.
Caride compareceu na rolda de prensa co primeiro numero de Xornal de Galicia (9, decembro de 2008).
A viceportavoz socialista dixo que as cifras amosadas polo executivo autonómico “son unha mentira, un engano e unha maquillaxe masiva para enganar á cidadanía”. Nese senso anunciou que rexistrou diversas iniciativas na Cámara Autonómica (2 Proposicións, 1 interpelación, 1 pregunta en Pleno, 1 pregunta escrita, 2 preguntas en Comisión) para que “se elimine a clave S-698 de modo inmediato e que se depuren responsabilidades”, e lembra que a instrucción que crea a clave está asinada pola directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz.
Replicou que dende o PsdeG-PSOE levamos denunciando e advertindo “dende Febreiro da manipulación que supón a creación, en exclusiva en Galicia, dunha clave do Servizo Galego de Emprego pola que se considera en situación de suspensión aqueles demandantes de emprego que están nun proceso de orientación dos seus curriculums e perfís profesionais”.
Clave informativa.
Asegura que fronte as afirmacións da Conselleira de Traballo de que esta clave só tiña finalidade informativa “a realidade é que a Consellería manipula os datos de desemprego, asimilando esta situación as da suspensión por formación ocupacional”. Di que esta realidade é especialmente grave xa que o INEM dende 1985 e para todas as CCAA non computa os desempregados que asisten a cursos de formación ocupacional e están na procura do seu primeiro emprego, como paro rexistrado. Polo tanto, a Xunta esta a utilizar esta clave só co obxectivo de maquillar as cifras de desemprego.
Caride explicou que coñeceron estas “manipulacións” mediante un erro detectado nunha persoa que estaba rexistrada con esta clave nos servicios de emprego. Este caso permitiu contrastar que non se trata dun caso illado senón que todos os demandantes de emprego en situación de suspensión por proceso de orientación, clave s-698, son trasladados o servizo de emprego do INEM como demandantes que asisten a cursos de formación ocupacional, sen que se lles proporcione formación algunha. Maís aínda, os datos amosan que 3 de cada 4 demandantes rexistrados baixo a clave s-698 son demandantes de primeiro emprego, situación pola que non se computan nas cifras de paro rexistrado, bórranos da estatística de paro.
Dende o grupo socialista resulta sorprendente que sexa precisamente dende a entrada en vigor de este código s-698, cando Galicia presenta uns datos de paro rexistrado menos malos que a media estatal, algo que non ocorría nos meses precedentes. “Semella que estes datos están maquillados pola Xunta agochando demandantes de emprego para acadar uns datos mellores”, proclamou.
Aseverou que o Goberno de Feijoo “esta mais preocupado en borrar parados nas listas que en atoparlles unha solución aos seus problemas, esto é un engano”, replicou. Subliña que a Xunta cifrou en 56.000 os demandantes de emprego os que se lle aplicaría esta clave en 2011. A partir de este dato, podemos estimar que son 42.000 os parados borrados das estatísticas de paro rexistrado.
A arbitrariedade pode ser total xa que o propio goberno galego pode definir segundo lle conveña cantas destas persoas se eliminan do desemprego por puro criterio político e partidista. E insistiu nas súas críticas “estou segura de que a Xunta pensou que non sería posible detectar onde estaba a trampa, pero foi posible grazas a un erro do sistema e a reclamación dos usuarios”, esplicou.
Vivimos nun engano
Por todo isto Caride pediu responsabilidades ao Goberno de Feijoo “non só o cesamento da directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz, senón máis arriba, porque non é unha decisión que tome unha persoa illada”, proclamou. E emprazou ao executivo autonómico “a que ofreza no Parlamento os datos reais das cifras do paro desde febreiro, porque estamos vendo que vivimos nun engano”.
Tamén aludiu aos datos feitos públicos hoxe sobre as empresas concursadas, que na nosa Comunidade sube un 35,7%, case o dobre que na media estatal, o que a levou a cualificar os datos “como moi preocupantes”.
E concluíu, “Feijoo comprometeuse a cumprir as leis e a dicir a verdade os galegos, e levamos media lexislatura comprobando que elude os seus compromisos electorais, externaliza as responsabilidades, descoñece as súas competencias en materia de emprego e manipula e elude o cumprimento da legalidade”, resumiu.

Cacicadas do PPdeG,
Economía,
PSdeG-PSOE Galicia
Suscribirse a:
Entradas (Atom)